Manuel Rivas pechou este martes o programa de voces convidadas dos XXXVI Cursos Galego sen fronteiras. En conversa coa académica María López-Sández, directora deste punto de encontro coa lingua e a cultura galegas para 62 estudantes procedentes de 17 países, o tamén membro de número da RAG compartiu reflexións sobre a necesidade da literatura nos tempos da IA ou a súa relación coa natureza e o xornalismo.