Nesta conferencia, os cineastas Alejandro Gándara Porteiro e Manuel Lucas Mariño reflexionaron sobre como algunhas representacións particulares condicionan a percepción social do rural. Partindo da experiencia do proxecto documental 360 Curvas, abordaron o proceso de construción dunha ollada sobre o territorio que supere a presentación do rural como un espazo homoxéneo, inmóbil e alleo aos conflitos sociais e políticos.